© Mauro Trastoy – Cortesía de la Fundación Eugenio Granell

Rojo

  • Entidades Organizadoras

    Fundación Museo Eugenio Granell
  • A Fundación Granell inaugurou a exposición Rojo, de Mauro Trastoy, o pasado día 5 de outubro.O proxecto foi comisariado por Monse Cea. A mostra é o resultado da residencia que o artista tivo na Fundación entre os meses de marzo e setembro do presente ano. O período de traballo de Trastoy na Fundación, serviu para destilar a esencia de dez anos de traballo do artista: un fértil período de reflexión que conforma un proxecto específico formado por tres instalacións. Na montaxe, a obra realizada durante a residencia, irá acompañada dun pequeno grupo de pezas anteriores que mostran os camiños percorridos polo artista ata facelos cristalizar na súa obra actual. Na mostra, o debuxo, alicerce de toda obra do artista, abandona o formato bidimensional para expandirse e adquirir un formato escultórico, a través de obras que cuestionan a distancia entre arte e artesanía. No ano 2007 o artista sitúa o cambio de paradigma con respecto á súa obra anterior. Desleixándose do debuxo dixital, base da súa pintura, Trastoy opta por un debuxo que amplía o seu campo de acción utilizando técnicas ancestrais de traballo artesanal, como o tecido, a cestería ou a cerámica. A exposición esta formada por varias instalacións realizadas con debuxos encarnados mediante o tecido de diversos materiais –arame, fitas adhesivas, fío de cáñamo...– ou por medio da cerámica. O deseño da montaxe funcionará a modo de contedor, xunto cos valores destilados da propia institución museística, para forzar o carácter aberto de cada peza, partindo de premisa de que estamos ante obras de arte que poden adquirir diferentes entidades. Rojo, excederá o seu espazo expositivo física y conceptualmente. De xeito simultáneo, a obra de Trastoy poderá verse no museo e na a súa web site baixo ópticas diferentes. O obxectivo deste desdobramento é crear unha aproximación mais completa ao traballo do artista.

  • Dónde

    Fundación Museo Eugenio Granell / Santiago de Compostela, A Coruña, España
  • Inauguración

    05 oct de 2017
  • Publicaciones

    Dossier


  • Artistas que participan en Rojo


    Comisarios/Curadores de Rojo


Recibe alertas de eventos como éste

ArtCity

Descárgate ArtCity, la app que te dice que exposiciones tienes cerca.

descargar