Luis San Sebastián. Power, Corruption & Lies

Power, Corruption & Lies

  • Entidades Organizadoras

    Sala X - Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra
  • O proxecto Power, Corruption & Lies foi presentado de outubro a decembro de 2017 dentro da terceira edición do ciclo Estado Crítico que, organizado polo profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra Xosé Manuel Buxán, está a desenvolverse na Sala Alterarte do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. A súa presentación na Sala X é unha colaboración mais entre as dúas salas de exposicións da Universidade de Vigo. Para a súa exposición en Pontevedra Luis San Sebastian, ademáis das obras xa mostradas en Ourense, inclúe un video que afonda no proxecto que está a desarrollar, e fai unha adaptación dalgunha das pezas ás características do espazo da Sala X. --------------------------------------- Adoita dicir Luis San Sebastián que na súa tarefa artística utiliza a historia da arte e da música como unha "caixa de ferramentas". Tras esta afirmación podemos arriscar algúns comentarios que, se non desentrañan a súa obra, neste caso o seu proxecto Power, corruption & Lies, alomenos poden poñernos nunha situación axeitada para contemplala, no sentido menos pasivo da palabra. Quen precisa dunha caixa de ferramentas é alguén que fai cousas, que pretende intervir no mundo. Debemos supoñer entón que Luis pretende facer algo, "facer arte", que é unha expresión cun chisco de redundancia; é posible, así o penso eu polo menos, que queira presentarse cunha caixa de ferramentas para insistir en que fai arte, subliñar as súas intencións, quizáis porque puidese haber algunha dúbida. No seu traballo válese de manipulacións artísticas que van do ready made ao apropiacionismo, o que puidese a alguén distraído facerlle crer nunha sorte de xogo de camuflaxe ou emboscada e, aventuro, de aí a necesidade de remarcar que é artista e, polo tanto, fai cousas. Sabemos que nunha caixa de ferramentas hai un pouco de todo, nunha boa caixa de ferramentas atopamos aquelo que precisamos hoxe, aquelo que precisaremos nalgún momento, algunhas cousas "por se acaso" e outras que sabemos non usaremos nunca. A caixa de Luis non é calqueira caixa, contén o que él mesmo foi metendo, aquilo que lle interesa das historias da arte e da música, ou aquilo que atopou nelas nalgún momento e non quiso, non soubo ou non puido desbotar. Por exemplo, nalgún momento na caixa entrou un disco de New Order titulado Power, corruption & lies, unha das ferramentas que utilizou neste proxecto, e non so para nomearlo. Nestos tempos utilizar con crueza esas tres palabras: poder, corrupción e mentiras, é toda unha declaración, é unha ferramenta axeitada e potente; e ademais caeron dentro os traballos de Jeremy Deller que se mesturaron coas letras das cancións de New Order, e algunhas cousas máis... Xa estades avisados: Luis San Sebastian ten unha caixa de ferramentas e sabe como usala. Ignacio Barcia

  • Horario

    De luns a venres das 12 ás 14 h e das 18 ás 20 h.
  • Dónde

    Sala X - Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra / Pontevedra, España
  • Inauguración

    12 abr de 2018  /  13:00

  • Artistas que participan en Power, Corruption & Lies


    Comisarios/Curadores de Power, Corruption & Lies


Recibe alertas de eventos como éste

ArtCity

Descárgate ArtCity, la app que te dice que exposiciones tienes cerca.

descargar