Polos pelos i outros sinais

Polos pelos i outros sinais

  • O venres 24 de marzo preséntase no muro dochán –espazo de creación da libraría Chan da Pólvora- a peza de Misha Bies Golas: 'Polos pelos i outros sinais'. Esta constitúe a terceira intervención do programa comisariado por Juan De Nieves para Chan da Pólvora. Misha leva tempo detectando pequenas marcas case imperceptibles nas páxinas dalgúns libros da súa biblioteca: pelos, puntos e vestixios de tinta conforman unha cartografía arbitraria e paralela ás liñas do texto, convertendo o lector nunha sorte de arqueólogo da era pre-dixital. A partir destas descubertas, xéranse micronarrativas de sinais e liñas entrecortadas que revelan novos asuntos literarios e paisaxísticos. Unha boa selección destas composicións conforma unha edición fotográfica numerada e personalizada ,e ao mesmo tempo, disponse na súa totalidade no *muro dochán* como fragmentos dun novo relato. Misha Bies Golas (Lalín, 1977). Artista plástico, formado no campo da fotografía e do deseño. A súa obra atinxe ámbitos de distintas disciplinas, centrando os seus últimos traballos en torno ao apropiacionismo, libros e obxectos de diversa natureza. Expuxo recentemente na Galería ADHOC (Vigo); Salón (Madrid); Fundación Luís Seoane (A Coruña); Sala Josep Renau de la FBBAA, Universitat Politècnica (València); MARCO (Vigo); Laboral (Xixón); CGAC (Santiago de Compostela); Museo Lázaro Galdiano (Madrid) e Centre del Carme (València). Juan de Nieves (A Coruña, 1964) é comisario de exposicións. Os seus últimos proxectos, “El doble de la mitad”, de Rubén Ramos Balsa, e “Prospecto, principio, meio e ultimação”, de André Guedes, pódense ver nestes días no MAC da Coruña e no Pavilhao Branco de Lisboa, respectivamente.

  • Dónde

    Chan da Pólvora / Santiago de Compostela, A Coruña, España
  • Inauguración

    24 mar de 2017

  • Artistas que participan en Polos pelos i outros sinais


    Comisarios/Curadores de Polos pelos i outros sinais

     

     


Recibe alertas de eventos como éste

ArtCity

Descárgate ArtCity, la app que te dice que exposiciones tienes cerca.

descargar