Seminario en Santiago de Compostela, A Coruña, España

Novas Narrativas na Historia da Arte Contemporánea

Dónde:
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) / Ramón del Valle Inclán, s/n / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cuándo:
24 nov de 2017 - 25 nov de 2017
Inscripción:
Cerrada desde (no indicado)
Dirigido a:
Artistas, Profesionales, Organizaciones
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción de la Formación
Nestes últimos anos puidemos comprobar como, á vez que se consolidaban as novas titulacións de Historia da Arte e Belas Artes, os museos e os centros desenvolvían distintas metodoloxías no seu traballo de investigación sobre a creación contemporánea. Tanto no ámbito universitario como no das institucións culturais esa diversidade conceptual e metodolóxica derivou en investigacións moi diversas (académicas ou en forma de exposicións) e en maneiras de configurar as coleccións igualmente variadas. Tal vez faltou unha reflexión en profundidade sobre os criterios e métodos cos que escribir os novos relatos sobre a arte do presente, así como sobre a capacidade real de interlocución entre os museos e a universidade. Están os novos conceptos e paradigmas críticos reformulando realmente a maneira en que os museos desenvolven o seu traballo? Pasaron xa os anos nos que o “urxente” era actualizar as institucións do saber (universidade e museos), achegándose á creación máis contemporánea. Moitas ... veces isto fíxose asumindo criterios e valores herdados e non sometidos a unha avaliación crítica. Nos últimos anos estamos a ver, non obstante, como se están a poñer en cuestión as clasificacións e os conceptos clave da crítica e a historia da arte, desvelando as eivas dos relatos e propoñendo outros novos. No seminario Novas Narrativas na Historia da Arte Contemporánea queremos propoñer unha reflexión ambiciosa sobre os obxectos e os métodos de estudo da historia da arte, e centrar as análises na creación realizada no último século. Cremos necesaria esta reflexión porque tanto os relatos da historia como as prácticas institucionais, ou o mesmo concepto de patrimonio, vense afectados polas coordenadas e a perspectiva de quen estuda o mundo da cultura. Nocións antes consideradas como fundamentais na avaliación das obras de arte estanse a ver afectadas pola teoría crítica e os novos procesos de creación colectivos. Propoñemos a realización deste seminario para abordar algunhas destas cuestións, que están a provocar nos últimos anos unha reorientación e proliferación de estudos que abordan o fenómeno da “obra de arte” dende outros puntos de vista: 1. A democratización no acceso e na capacidade de produción de imaxes pon sobre a mesa unha cuestión de índole política: quen ten o poder para seleccionar as producións culturais e baixo que criterios? Os métodos da historia e a crítica de artes que se asentaron no século XX mantiveron a necesidade de avaliación dos expertos sobre a “calidade”. Pero estes métodos personifícanse en figuras, condénsanse en institucións e políticas culturais que desde os inicios se viron afectadas por intereses de tipo político ou económico. A crítica institucional vén apuntando a esta cuestión desde os anos setenta. Os novos modelos teóricos do cambio de milenio, impregnados polo pensamento altermundista e antihexemónico, defenden a posibilidade doutras formas de construír os relatos e as institucións culturais, e aceptan o traballo en rede e colaborativo como punto de partida. 2. En relación con isto último: como están a responder as institucións a esa revolución calada que está a transformar as sociedades desde os anos setenta que é o feminismo e as teorías de xénero? Está a recoller o traballo de historiadores da arte, da literatura ou da cultura esta reformulación na consideración do papel da muller como axente cultural? Estase a facer un estudo detallado da asignación dos roles de xénero e a imposición social destes sobre as subxectividades, con derivacións evidentes no eido da produción cultural? Queremos analizar a repercusión das novas propostas teóricas en relación co xénero na práctica expositiva, na construción de coleccións de arte e na crítica de arte. 3. A crítica decolonial acentúa esta dúbida sobre os paradigmas de centro e periferia nos estudos das culturas e a súa transmisión. Por riba das vellas concepcións universalistas, a xeopolítica demostrou un poder efectivo que conformou os relatos e discursos sobre a arte, así como as grandes coleccións. Non hai que esquecer que os primeiros museos nacen na Europa da Ilustración a partir da idea de que a grande arte comeza na antiga Grecia, e que esta vai ser o modelo que logo han recoller os países occidentais, onde calquera tipo de mestura e contaminación con outras formas vai ser percibido como “impureza” que despreza o valor estético. Os estudos poscoloniais e decoloniais fixeron ver a correspondencia entre as relacións de poder e a transmisión de formas culturais hexemónicas, e problematizaron a idea de asimilación cultural: as relacións entre centro e periferia deben ser revisadas, considerando as tensións nos contactos e destacando as estratexias de adaptación e “escamoteo” que en moitos casos transforman a pureza das formas transmitidas desde a metrópole en función dos intereses e hábitos das culturas vernáculas.

 

 

Entrada actualizada el el 08 nov de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todos los cursos que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de formación

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!
Premio
28 nov de 2023 - 31 ago de 2024

Madrid, España

Exposición
Desde 23 mar de 2024

Kewenig Galerie - Palma de Mallorca / Palma, Baleares, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
17 feb de 2024 - 06 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todos los cursos que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de formación