Cortesía de DIDAC

Exenta

  • Entidades Organizadoras

    Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas
  • Exenta é o equipamento para o acubillo de creativos que Cenlitrosmetrocadrado pensou para o Cuartopexigo. Exenta é unha familia de mobiliario polivalente, capaz de resolver cun mínimo número de elementos, necesidades propias dun ámbito máis doméstico como outras relativas ao traballo. O feito de estar integrada por pezas exentas facilita a distribución no espazo con independencia da súa forma, que xunto coa posibilidade de poderse desmontar e pregar para o transporte e almacenamento, fai de Exenta unha solución moi versátil. Cuartopexigo é un espazo baleiro, no parque de Belvís, dispoñible para enchelo de cousas ou momentos. Un escenario espido. Un contedor de historias. Un espazo versátil, efémero, mutante...En construción permanente. www.cuartopexigo.com Cenlitrosmetrocadrado é un estudio de deseño e comunicación que se constitúe coa intención de ofrecer un deseño de clara orientación humanista, que vaia máis alá da simple función práctica e que atenda tamén funcións de carácter emocional e social. Cunha identidade de marcado carácter atlántico desenvolve proxectos que van desde o gráfico, produto, espazos, ata a coordinación de equipos de traballo en ámbitos creativos.

  • Dónde

    Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas / Santiago de Compostela, A Coruña, España
  • Inauguración

    18 abr de 2018

  • Artistas que participan en Exenta



Recibe alertas de eventos como éste

ArtCity

Descárgate ArtCity, la app que te dice que exposiciones tienes cerca.

descargar