Ciclo: Galicia. Un século de creación 1916-2016

Ciclo: Galicia. Un século de creación 1916-2016

  • Entidades Organizadoras

    Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas
  • O vindeiro martes 14 de novembro ás 19:30 h. continúa o ciclo de conferencias ´Galicia. Un século de creación. 1916-2016´ que a Fundación DIDAC impulsa coa axuda da área de Cultura da Deputación da Coruña e en colaboración con varias institucións da provincia como o CGAC, USC, Auditorio de Galicia ou Centro Torrente Ballester de Ferrol. Nesta ocasión, será o experto en fotografía Vitor Vaqueiro quen impartirá a conferencia A consumación do soño baudelairiano na fotografa galega (1860-1936), que terá lugar na sala circular do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. A semana seguinte, as conferencias terán lugar no propio espazo da Fundación DIDAC en Santiago de Compostela e serán o crítico de arte Carlos Bernárdez o día 21 de novembro e a comisaria Rosario Sarmiento o día 23 do mesmo mes, os encargados de continuar co achegamento á creación en Galicia. Carlos Bernárdez falará dos artistas galegos no exilio en Diáspora. A arte galega da república non exilio, e Rosario Sarmiento pola súa banda farao sobre surrealismo en Maruja Mallo, Eugenio Granell, Urbano Lugrís: Tres diferentes relatos surrealistas. Ambas conferencias terán lugar ás 19.30 h. A asistencia ás conferencias é gratuíta e permitirase o acceso ata completar o aforo. Se alguén desexa reservar a súa praza pode inscribirse a través da web de DIDAC www.didac.gal ou no correo electrónico info@didac.gal.

  • Dónde

    Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas / Santiago de Compostela, A Coruña, España

Recibe alertas de eventos como éste

ArtCity

Descárgate ArtCity, la app que te dice que exposiciones tienes cerca.

descargar