Exposición en Pontevedra, España

A arte require implicación

Dónde:
Sala X - Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra / Facultade de Belas Artes. Rúa Maestranza, 2 / Pontevedra, España
Cuándo:
01 mar de 2018 - 23 mar de 2018
Inauguración:
01 mar de 2018 / 12:00
Horario:
De luns a venres das 12 ás 14 h e das 18 ás 20 h.
Artistas participantes:
Descripción de la Exposición
Resistencia e implicación son as palabras clave ao redor das cales se articula esta exposición “A arte require implicación”, que desde o colectivo #Enmarcados na Resistencia presentamos na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A pesar da diversidade de institucións dedicadas á arte contemporánea a escaseza de medios de produción provocan que a realidade profesional no ámbito artístico sexa cada vez mais precaria. A relación de dependencia que manteñen as institucións culturais co poder político condiciona a xestión destas institucións. Esta relación xera que os proxectos culturais queden relegados a experiencias máis próximas ao entretemento en lugar de ser espazos independentes, dedicados á investigación, educación, conservación e difusión da cultura contemporánea. Se a arte necesita implicación, como colectivo implicámonos co que temos máis preto. A partir da situación actual na que o MARCO se atopa, debido á falta de de un concurso público, aberto e profesional para designar a ... un novo director, reunímonos como colectivo para reflexionar sobre a xestión da arte e a profesionalización dos artistas. Despois dun proceso de meses de traballo, reunións, debates e análises documental sobre este suceso decidimos pasar á acción a través dun acto en colaboración coa Agrupación Amigos do MARCO e A Colectiva (asociación profesional de artistas galegos). Nesta acción, con participación cidadá para opoñer resistencia colectiva, realizouse unha cola ás portas do museo para entrar á inauguración dunha exposición que nunca se ía a celebrar, denunciando e dándolle visibilidade á paralización dos proxectos do museo. Fotografías e vídeo desta acción son parte desta exposición na que todas as pezas son de autoría colectiva. Documentación que non só é rexistro senón que tamén é obra, que debe ser activada polo espectador. A estas pezas úneselles unha obra simbólica composta por 6964 folios que representan o número de firmas recollidas pola Agrupación Amigos do Marco en defensa do museo e a súa xestión independente. Firmas recollidas a través de internet e a pé de rúa entre as que figuran artistas, directores doutros museos, galeristas, xestores culturais… Co obxectivo de activar ao espectador como parte integrante da cultura, presentamos un texto en forma de instalación site specific: “A arte require implicación”, unha frase que invade o espazo central da Sala X e atrapa ao espectador de maneira inevitable. Por todo isto esperamos que esta exposición, creada polo grupo colectivo #Enmarcados na Resistencia sexa un toque de atención para expresar que a cultura e a arte en particular envólvenos a todos e require da nosa implicación, sobre a que a sociedade se constrúe.

 

 

Entrada actualizada el el 02 mar de 2018

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!
Premio
28 nov de 2023 - 31 ago de 2024

Madrid, España

Exposición
Desde 23 mar de 2024

Kewenig Galerie - Palma de Mallorca / Palma, Baleares, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
17 feb de 2024 - 06 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones